Eme2 emoción&arte

Somos unha empresa que produce, distribúe e xestiona produtos e servizos culturais, coa intención de contribuír ao aproveitamento do ocio como instrumento de formación persoal e de relación social. Vinculados ao sector das artes escénicas ofrecemos servizos e produtos culturais de xestión, produción, comunicación e distribución innovadores, ligados aos discursos artísticos e culturais vixentes e de actualidade na sociedade.

 

Desde o teatro, pasando pola danza e por calquera tipo de arte escénica, ofrecemos produtos novidosos a través dunha xestión integral e planificada. Espectáculo e comunicación unidos para satisfacer as necesidades propias de cada cliente.

Últimas novas

  • Xoves, 04 Outubro de 2012 Este sábado... facemos a 100!

    Sexo? Por que non? interpretado por Mercedes Castro, dirixido por Álvaro Lavín e coa música de Anxo Graña, estreábase o 16 de abril de 2010 no Cine Alovi das Pontes de García Rodríguez. Algo máis de dous anos despois Sexo? Por que non? chega á súa función número 100 o vindeiro sábado 6 de outubro, ás 20:30 h., no Teatro Quintero de Sevilla.

    +
  • Xoves, 08 Marzo de 2012 Unha gran crítica de 'Sexo? Por que non?' en Praza Pública

     

    Velaquí unha transcrición da gran crítica de Sexo? Por que non? que fan Fabio Barberini e Jorge M. de la Calle para o Praza Pública. O orixinal pode lerse aquí.

     

    Un orgasmo de risas (ou sexa: como falar de sexo entre a comedia e a reflexión)

     Oscar Wilde adoitaba dicir que “se podía falar de cousas serias ós ingleses só coa condición de divertilos”. A mesma fórmula, intimamente comprometida cun discurso ‘político’ que vai máis alá da oposición tradicional (esquemática e dogmaticamente ideolóxica) dereita-esquerda en favor dunha esquerda que se posiciona sempre ó lado dos máis vulnerables, dos “humillados e ofendidos” pola sociedade, representa – dende as súas primeiras obras – un dos aspectos máis entrañables da actividade teatral de Darío Fo. 

     

    +
  • Venres, 02 Marzo de 2012 Tres nominacións aos María Casares para O florido pénsil, que mañá estará en Oleiros

    Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.- O florido pénsil conseguiu tres nominacións para os María Casares en dúas das categorías máis importantes dos galardóns do teatro galego: a proposta de Emedous sobre a escola do franquismo optará ao premio ao mellor espectáculo do ano, e os actores Antonio Durán Morris e Josito Porto ao de mellor actor protagonista. O nome dos nomeados foi desvelado onte nunha festa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e os recoñecementos entregaranse o 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, un dos múltiples escenarios que O florido pénsil encheu nos últimos meses. Eme2 quere aproveitar a ocasión para felicitar a todos os profesionais do teatro galego que optan aos galardóns e para agradecer o seu apoio durante os meses que xa dura esta aventura.

    +

Proxectos recentes

  • 'Detrás da canción', como compoñer unha canción pop con materiais caseiros

    Os mozos e mozas de 12 a 18 anos foron, entre outubro do 2010 e maio do 2011, os destinatarios de Detrás da canción, o proxecto de dinamización lingüística co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a empresa Eme2 promoveron o uso do galego entre os máis novos a través da música e a tecnoloxía. A iniciativa consta dun obradoiro de música caseira e dun concerto acústico que percorrereu, no marco do programa Bocaberta, 50 localidades galegas.

    +
  • Eme2 produce 'Sexo? Por que non?', de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, con Merce Castro

    Eme2 Emoción&Arte estreará o próximo 16 de abril, nas Pontes de García Rodríguez, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

    +
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por