Eme2 emoción&arte

Somos unha empresa que produce, distribúe e xestiona produtos e servizos culturais, coa intención de contribuír ao aproveitamento do ocio como instrumento de formación persoal e de relación social. Vinculados ao sector das artes escénicas ofrecemos servizos e produtos culturais de xestión, produción, comunicación e distribución innovadores, ligados aos discursos artísticos e culturais vixentes e de actualidade na sociedade.

 

Desde o teatro, pasando pola danza e por calquera tipo de arte escénica, ofrecemos produtos novidosos a través dunha xestión integral e planificada. Espectáculo e comunicación unidos para satisfacer as necesidades propias de cada cliente.

Últimas novas

  • Mércores, 13 Xaneiro de 2010 Abrimos 2010 con Riki López e Trompicallo...

    Entramos en 2010 con ilusión, con ganas... e cunha visita moi especial a Galicia. Riki López estará mañá no Pazo da Cultura de Narón con Dando el kante, o seu descacharrante espectáculo humorístico-musical. Coa súa ironía e as súas cancións, Riki López asegura que se decidiu polo mundo do espectáculo depois de aprender a poñer cinco posturas na guitarra, e comezou unha carreira imparable: Londres, París, Nueva York, Estambul, Tokio... son cidades que lle gustaría coñecer, pero de momento non pasou de Toro (Zamora).

    +
  • Mércores, 13 Xaneiro de 2010 ...e agardamos polos alemáns Familie Flöz

    Infinita, o novo espectáculo da compañía alemá Familie Flöz, poderá verse en catro cidades de Galicia e de Asturias o próximo mes de febreiro, da man de Eme2 Emoción&Arte. A obra deste singular grupo artístico, que se caracteriza pola súa utilización das máscaras, estará na Coruña os días 19, 20 e 21 dese mes, en Ourense o día 26, en Narón o día 27 e en Xixón o 28.

    +
  • Mércores, 23 Decembro de 2009 Por un 2010 cheo de emoción e de arte!

    Desde Eme2 gustaríanos desexarche moita felicidade nestas datas, e que o ano próximo todos os teus soños e esperanzas se fagan realidade. Este boletín tomarase unhas pequenas vacacións ata o mes de xaneiro.

    Que teñas un 2010 cheo de emoción e de arte! Felices festas!

    +

Proxectos recentes

  • Mil persoas pasaron polo Contador

    Máis de 80 contos colectivos construíronse ao longo dos últimos meses en 30 vilas e cidades galegas, no marco do Contador, unha iniciativa posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüística na que participaron activamente arredor de mil persoas.

    +
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por