Voaxa e Carmín


Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas…..

Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

Voaxa e Carmín, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla, é unha proposta de teatro de actrices que parte dun texto que mestura o popular co contemporáneo cunha escenificación que nos amosa unha Compostela virtual, deseñada por Roi Fernández (Sr.Pause) pola que pasean as personaxes.

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais……saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?

Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.

10º premio Abrente de Textos Tetrais 2015 MIT Ribadavia

CRÍTICAS:

https://rgtcritica.wordpress.com/2016/07/21/voaxa-e-carmin/

https://butacaenanfiteatro.wordpress.com/2016/07/20/voaxa-e-carmin-o-a-pecho-descubierto/

http://teatro-teatre-antzerki-teatro.blogspot.com.es/2016/07/dia-5-20072016-que-e-o-teatro.html

http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=42362

 

Equipo

Texto: Esther F. Carredeguas
Direción: Xavier Castiñeira
Intérpretes: Mabel Rivera e Belén Constenla
Videocreación: Roi Fernández (SrPause Cinescapismo)
Escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”
Maquillaxe: Trini F. Silva
Iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Mari Seoane
Deseño gráfico: Le Gráfica
Produción: Julio Perugorria e Esther F. Carredeguas

En xira

Datas

14/07/16 Auditorio Municipal de Rianxo (21:00h)
15/07/16 Auditorio Municipal de Rianxo (21:00h)
19/07/16 Auditorio do Castelo Ribadavia (23:00h)
14/10/16 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20:30h)
15/10/16 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20:30h)
29/10/16 Pazo da Cultura de Narón (20:00h)
24/02/17 Auditorio Municipal de Vigo (21:00h)
03/02/17 Auditorio Municipal de Ourense (20:30h)
08/02/17 Teatro Principal Santiago (20:30h)
09/02/17 Teatro Principal Santiago (20:30h)
10/02/17 Teatro Principal Santiago (20:30h)
11/02/17 Teatro Principal Santiago (20:30h)
11/03/17 C.C e Xuvenil de Muros (21:30h)
18/03/17 Auditorio Casa da Cultura de Vimianzo (21:30h)
01/04/17 Auditorio Mera-Oleiros (20.30h)
25/05/17 Teatro Principal (20.30h) Entradas
26/05/17 Teatro Principal Santiago (20.30h) Entradas
27/05/17 Teatro Principal Santiago (20.30h) Entradas
28/05/17 Teatro Principal Santiago de Compostela (19.00h) Entradas
05/10/17 Teatro Principal Pontevedra (21.00h)
13/10/17 Cine Alovia As Pontes (21.00h)
21/10/17 Teatro Jofre Ferrol (20.30h)
15/12/17 Teatro Lauro Olmo O Barco (21.00h)

Media

#asmarías
#mabelrivera
#belenconstenla
#mitribadavia

Outras producións
  • Contacreques un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques

    https://vimeo.com/234367276

    Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reise…

  • (Esp) Titiricuentos

    (Esp) Titiricuentos : Un espectáculo poético, divertido, ágil y desenfadado dirigido a un público comprendido entre los 3 años y los 7 años.

    El zapatero y los duendes: La magia de un Zapatuende c…

  • A noiva de DON QUIXOTE

    Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de c…

  • Get Back Saben de onde veñen, pero non cara a onde van

    Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e…

  • Jim e a Illa do Tesouro Música, acción, piratas, un tesouro

    Jim e a Illa do Tesouro é unha peza cunha linguaxe estética moi coidada en que actores e monicreques aparecen en escena nunha simbiose perfecta, chea de acción, de música e arroupada por unha atmosfera que nos traslada inmediatamente a un…

  • Moby Dick Espectáculo a partir de 6 años. Premio FETEN 2016 mejor dirección

    (Esp)  

     

    Moby Dick es un espectáculo pensado para todos los públicos a partir de 6 años, en la que no hemos prtetendido màs que atisbar la inmensidad de esta obra maestra de la literatura universal. Resultaría ab…

+