Sexo? Por que non?

De Adán e Eva ata...


Eme2 Emoción&Arte estreou o 16 de abril de 2010, nas Pontes de García Rodríguez, Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín,Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.

Equipo

Fóra de cartel

Datas

08/05/10 Salón Teatro, Santiago de Compostela
09/05/10 Salón Teatro, Santiago de Compostela
10/10/10 Teatro Principal, Ourense
14/05/10 Teatro Rosalía Castro, A Coruña
15/05/10 Teatro Rosalía Castro, A Coruña
16/05/10 Teatro Rosalía Castro, A Coruña
22/10/10 Pazo da Cultura, Pontevedra
23/10/10 Pazo da Cultura, Narón
28/10/10 Sala Bahía, Foz
29/10/10 Cine Alovi, As Pontes
12/11/10 Auditorio Municipal, Vigo
19/11/10 Centro Cívico Cultural, Arteixo
03/12/10 Teatro Municipal Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras
19/06/11 Casa da Cultura Pintor Lloréns, Sada

Media

#SexoPorQueNon

Outras producións
  • A Leituga

    A leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? A montaxe dirixida por Víctor Duplá e…

  • Contacreques un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques

    https://vimeo.com/234367276

    Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O Reise…

  • (Esp) Titiricuentos

    (Esp) Titiricuentos : Un espectáculo poético, divertido, ágil y desenfadado dirigido a un público comprendido entre los 3 años y los 7 años.

    El zapatero y los duendes: La magia de un Zapatuende c…

  • A noiva de DON QUIXOTE

    Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de c…

  • Get Back Saben de onde veñen, pero non cara a onde van

    Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e…

  • Voaxa e Carmín

    Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos…

+