A Leituga


A leituga aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún punto das nosas vidas: como actuaremos no momento en que os nosos pais se aproximen á morte? A montaxe dirixida por Víctor Duplá e protagonizada por un elenco de luxo -Antonio Durán Morris, Mercedes Castro, María Vázquez, Xosé Barato e Federico Pérez- achéganos unha reflexión teatral ao respecto dos coidados e as relacións familiares a través de cinco personaxes que se han mover entre a esperanza e a aceptación, o sacrificio e a culpa, o afecto e o rancor.

“A peza fala da responsabilidade que temos, como individuos, de medrar”, indica Duplá, subliñando a universalidade da obra e a proximidade coa que o equipo se implica nela. “Fala tamén de todos os que estamos neste proxecto porque fala do lugar do que saímos todos. Fala da decadencia da familia tal como a entendemos en Occidente”. É unha reflexión compartida polo elenco, como amosan as palabras de María Vázquez: “ten que ver con estar presos nos roles familiares, cunha forma de familia que non funciona”.

A relevancia deses temas nos que afonda A leituga (a dignidade humana, o dereito á vida e o dereito á morte, as lealdades familiares) combínase cun enfoque de comedia que dá á obra un equilibrio sutil e delicado. “Nunha primeira lectura parece unha comedia lixeira”, confesa Xosé Barato, “pero canto máis rascas máis ves a profundidade das almas dos personaxes”. Antonio Durán Morris tamén subliña a humanidade dos roles que interpretan, lonxe da caricatura: “Víctor lévanos máis aló da comedia superficial, penetrando moito nos personaxes”. Así, a obra busca o xogo entre a identificación e a distancia con esas personaxes realistas por parte do público. Tal e como indica Mercedes Castro, que produce a obra ademais de ser unha das integrantes do elenco, “na interpretación, dende dentro vives un drama porque a situación o é, pero dende fóra pode verse doutra maneira”. Federico Pérez resume o proceso retranqueiramente: “nós cremos que vai ser comedia”.

En definitiva, A leituga transita por ese camiño do medio entre a comedia e o drama, o que levará a espectadoras e espectadores a observar entre o riso e a reflexión as consecuencias do reparto dos coidados nas fráxiles costuras dos afectos familiares entre pais e fillos, parellas e irmáns.

O texto é do autor venezolano César Sierra, autor e director caraqueño que se iniciou na escrita dramática e na dirección en 1984. Dende aquela, dirixiu máis de trinta obras en países como Venezuela, Estados Unidos, Arxentina ou España. A leituga estreouse en Nova York, Miami ou Santiago de Chile.

Críticas
Manuel Xestoso, na Erreguete
Radiofusión
‘A Leituga’, o lo que subyace bajo la risa

Sinopse
Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde fai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai entre Virxinia e os seus irmáns Vinicio (Xosé Barato), Víctor (Federico Pérez) e a muller deste último, Dora (María Vázquez).

Dossier de prensa (pdf)

Equipo

Autor: Cesar Sierra
Tradutor: José Luis López Roca
Elenco: Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran ‘Morris’, Federico Pérez, María Vázquez.
Director: Victor Duplá
Axudante de dirección: Tamara Canosa
Escenografía e iluminación: José Manuel Faro ‘Coti’
Música Orixinal: Anxo Graña
Vestiario: Uxía Vaello
Deseño gráfico: Roi Fernández-LeGráfica
Fotografía e vídeo: Lucía Estévez
Comunicación: Sonia Díaz e Cibrán Tenreiro – NóComún
Produción Executiva: Cecilia Carballido
Duración: 80 minutos
Xénero: Comedia dramática
Unha produción de Eme2

Fóra de cartel

Datas

06/04/18 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20.30h) Entradas
07/04/18 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20.30h) Entradas
21/04/18 Auditorio García Márquez Mera- Oleiros (20.30h)
04/05/18 Pazo da Cultura de Narón (20.00h) Entradas
05/05/18 Pazo da Cultura de Narón (20.30h) Entradas
24/05/18 Auditorio Municipal de Ourense (20.30h) Entradas
14/06/18 Teatro Principal Santiago- GEP 2018 (19.30h)
01/07/18 Auditorio Municipal Cangas- Mostra Intern Teatro (22.30h)
28/09/18 Teatro Municipal Lauro Olmo Barco de Valdeorras (21.00h)
04/10/18 Teatro Principal de Pontevedra (21.00h) Entradas
05/10/18 Teatro Municipal Área Panorámica de Tui (21.30h)
06/10/18 Auditorio Casa Cultura de Vimianzo (21.00h)
13/10/18 Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa (21.00h)
19/10/18 Auditorio Municipal de Vigo (21.00h)
20/10/18 Auditorio Municipal de Vigo (21.00h)
27/10/18 Casa Cultura Serra de Outes (20.30h)
03/11/18 Teatro Pastor Díaz de Viveiro (20.30h)
16/11/18 Cine Alovi de As Pontes (21.00h)
24/01/19 Matadero Nave 11-Madferia Madrid (18.30h)
26/01/19 Casa Cultura Muros (20.30h)
16/02/19 Teatro Principal Ourense (20.30h) Entradas
23/02/19 Teatro Noela Noia (20.00h)
15/03/19 Casa Cultura Bertamiráns Ames (21.00h) Entradas
29/03/19 Pazo da Cultura Carballo (21.00h) Entradas
13/04/19 Teatro Jofre de Ferrol (21.00h)
27/04/19 Auditorio Municipal O Carballiño (20.30h)
25/05/19 Auditorio Municipal de Ponteareas (20.30h)
21/08/19 Aucitorio de Cariño- Mostra de Teatro Galego (21.00h)
19/10/19 Teatro del Bosque de Móstoles (Madrid)

Media

Outras producións
  • (Esp) LA PANADERA

    (Esp) La Panadera cuenta la historia de Concha, una mujer de cuarenta años, encargada de una panadería, casada, con dos hijos. Una mujer con una vida tranquila y feliz que un día se despierta con la noticia de que por las redes sociales co…

  • (Esp) AL CALOR DEL CANCIONERO (Esp) Espectáculo musical para niñas y niños

    (Esp) Las versiones musicales de las canciones se han realizado respetando la sonoridad original utilizando para ello instrumentos tradicionales: cucharas, cedazo, botella, pandero, pandereta, guitarra, castañuelas, sartén, llaves,

  • (Esp) RIF (de piojos y gas mostaza)

    (Esp) Con RIF (de piojos y gas mostaza) nos hacemos, por encima de otras muchas, la siguiente pregunta: ¿qué derecho tenía España a colonizar y explotar el Rif? A partir de ahí, al volver la vista a lo quedó tras casi medio siglo de Pro…

  • MAGALLANES Y ELCANO A VIAXE

    (Esp) http://https://youtu.be/ojBMR2LtA2A    espectáculo completo.

    Sinopsis:

    Magallanes part…

  • Tarzán

    ¡La ciudad está sumida en el caos! ¡Hay un
    espanto en cada esquina! Algún visitante del
    zoológico ha abierto las jaulas de los animales
    dejando a las fieras en libertad. Leones, panteras,
    gorilas se pasean por las…

  • Cenicienta Siglo XXI

    CENICIENTA SIGLO XXI
    quiere dar respuesta a esta pregunta desde la seguridad de que los protagonistas de los grandes cambios sociales que hemos de ver están sentados en el patio de butacas. Están en el teatro y quieren reír, emociona…

+