Voaxa e Carmín
(Gal) Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas…..
Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.
Voaxa e Carmín, interpretada por Mabel Rivera e Belén Constenla, é unha proposta de teatro de actrices que parte dun texto que mestura o popular co contemporáneo cunha escenificación que nos amosa unha Compostela virtual, deseñada por Roi Fernández (Sr.Pause) pola que pasean as personaxes.
Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais……saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?
Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.
10º premio Abrente de Textos Tetrais 2015 MIT Ribadavia
CRÍTICAS:
https://rgtcritica.wordpress.com/2016/07/21/voaxa-e-carmin/
https://butacaenanfiteatro.wordpress.com/2016/07/20/voaxa-e-carmin-o-a-pecho-descubierto/
http://teatro-teatre-antzerki-teatro.blogspot.com.es/2016/07/dia-5-20072016-que-e-o-teatro.html
http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=42362
Equipo
(Gal) Texto: Esther F. Carredeguas
Direción: Xavier Castiñeira
Intérpretes: Mabel Rivera e Belén Constenla
Videocreación: Roi Fernández (SrPause Cinescapismo)
Escenografía: Marcelino de Santiago “Kukas”
Maquillaxe: Trini F. Silva
Iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Mari Seoane
Deseño gráfico: Le Gráfica
Produción: Julio Perugorria e Esther F. Carredeguas
Fechas
Media
#asmarías
#mabelrivera
#belenconstenla
#mitribadavia
-
La Lechuga
“Todos vivimos con algo muerto. Algo que tenemos que cargar, como un lastre y que no somos capaces de soltar…
A veces es un recuerdo… o una enfermedad…
A veces es una pareja o un matrimonio… o una soledad… -
(Gal) Contacreques
(Gal) un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques
(Gal) https://vimeo.com/234367276
Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O…
-
Titiricuentos
Titiricuentos : Un espectáculo poético, divertido, ágil y desenfadado dirigido a un público comprendido entre los 3 años y los 7 años.
El zapatero y los duendes: La magia de un Zapatuende capaz d…
-
La novia de DON QUIJOTE
Después de la muerte de don Quijote, las esperanzas de Dulcinea del Toboso de casarse como Dios manda están casi tan desaparecidas como el hidalgo. Y más si en realidad te llamas Aldonza Lorenzo, no eres dama, joven ni bella, y trabajas de…
-
Get Back
Saben de donde vienen , pero no hacia donde van.
Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e…
-
Jim y la Isla del Tesoro
Música, acción, piratas, un tesoro
Jim y la Isla del Tesoro es un espectáculo con un lenguaje estético muy cuidado en el que actores y títeres aparecen en escena en una simbiosis perfecta, llena de acción, de música y arropada por una atmósfera que nos traslada inmediata…