(Gal) A LEITUGA


(Gal) “Todos vivimos con algo morto. Algo que temos que cargar coma un
lastre e que non somos quen de soltar…
Ás veces é un recordo… ou unha enfermidade…
Ás veces é unha parella ou un matrimonio…ou unha soidade…
Ás veces unha necesidade, outras veces un tremor…
Ás veces é un familiar vivo…e ás veces un morto…
Cada un de nós ten a súa leituga e, queira ou non, tense que ocupar de
regala e de cambiarlle o osíxeno todos os días.”
Vinicio «A Leituga»

Sinopse
Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na
casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en
estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha
sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se
responsabiliza dos coidados do pai.
Argumento
“A Leituga” aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos
pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Que facer cos
nosos pais cando se achegan á morte?
A través destes cinco personaxes cos seus puntos de vista e as súas
diferentes realidades, viaxaremos polos vínculos, lealdades e deslealdades
da familia, as parellas, os irmáns, os pais e os fillos. Os asuntos non
resoltos, as contas pendentes.
O sacrificio e a culpa. O odio e o rancor. A moral e a ética. A esperanza e a
aceptación. Os medos, as miserias, a procura da felicidade.
Temas da obra
A decadencia da “familia”, a responsabilidade, a eutanasia, a felicidade, a
vida e a morte.

Equipo

(Gal) AUTOR:
César Sierra
TRADUCTOR:
José Luis López Roca
REPARTO:
Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran “Morris”,
Federico Pérez, María Vázquez.
AX. DIRECCIÓN:
Tamara Canosa
DIRECTOR:
Víctor Duplá
ESCENOGRAFIA E ILUMINACIÓN:
José Manuel Faro “Coti”
ESPAZO SONORO:
Anxo Graña
VESTIARIO:
Uxía Vaello
DESEÑO GRÁFICO:
Roi Fernández–LeGráfica
PRODUCIÓN EXECUTIVA:
Cecilia Carballido
UNHA PRODUCIÓN DE:
Eme2
DURACIÓN:
80 minutos
XÉNERO:
Comedia dramática

En gira

Fechas

06/04/18 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20.30h) Entradas
07/04/18 Teatro Rosalía de Castro A Coruña (20.30h) Entradas
11/04/18 Auditorio Municipal de Ourense (20.30h)
21/04/18 Auditorio García Márquez Mera- Oleiros (20.30h)
04/05/18 Pazo da Cultura de Narón (20.00h)
05/05/18 Pazo da Cultura de Narón (20.30h)
13/10/18 Auditorio Municipal de Vilagarcia de Arousa (21.00h)
19/10/18 Auditorio Municipal de Vigo (21.00h)
20/10/18 Auditorio Municipal de Vigo (21.00h)

Media

Otras producciones
  • (Gal) Contacreques (Gal) un mundo con voces de contacontos e corpos de monicreques

    (Gal) https://vimeo.com/234367276

    Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido a un público comprendido entre os 3 anos e os 7 anos. Baseado nos contos clásicos O…

  • Titiricuentos

    Titiricuentos : Un espectáculo poético, divertido, ágil y desenfadado dirigido a un público comprendido entre los 3 años y los 7 años.

    El zapatero y los duendes: La magia de un Zapatuende capaz d…

  • La novia de DON QUIJOTE

    Después de la muerte de don Quijote, las esperanzas de Dulcinea del Toboso de casarse como Dios manda están casi tan desaparecidas como el hidalgo. Y más si en realidad te llamas Aldonza Lorenzo, no eres dama, joven ni bella, y trabajas de…

  • Get Back Saben de donde vienen , pero no hacia donde van.

    Son cinco e van nun vagón de metro. Son cinco e teñen moitas cousas en común. Pero eles non o saben. Aínda. Saben que van no mesmo vagón de metro. Saben de onde veñen, pero ningún está moi seguro de cara a onde vai. Son xente normal e…

  • Voaxa e Carmín

    (Gal) Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos…

  • Jim y la Isla del Tesoro Música, acción, piratas, un tesoro

    Jim y la Isla del Tesoro es un espectáculo con un lenguaje estético muy cuidado en el que actores y títeres aparecen en escena en una simbiosis perfecta, llena de acción, de música y arropada por una atmósfera que nos traslada inmediata…

+