Trompicallo comenza o seu traballo en outubro do 1997. Eva Sanz, Luis González e Marian González, profesionais do mundo dos títeres, reúnense para dar vida a un novo proxecto, coa fin de crear unha nova referencia dentro desta linguaxe teatral, así como de producir espectáculos innovadores que conxuguen técnicas clásicas con novas formas de expresión e comunicación co público.
Baixo esta perspectiva naceron espectáculos como Manoladas, Drácula, Jiñol, Manolito Camaleón, Nadarín e agora Bolboreta.