Miguel Hernández

A celebración do centenario do nacemento de Miguel Hernández achega a Teatro Meridional unha feliz excusa para volver a subirse ao escenario na pel e na palabra dun personaxe, dunha persoa, que percorre o caos da súa vida persoal e da época social que lle tocou vivir. Sempre coa palabra como xogo e guía nunha experiencia digna de ser pensada e sentida con calma, o espectáculo Miguel Hernández volve dez anos depois da súa estrea para mostrar a alegría e a emoción producidas ao coñecer como realidade e poesía se entrelazan de forma luminosa neste especialísimo poeta.

Media

Calendario

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por