Anos 50.Un inquietante camping está abandonado no medio da cidade. Abandonado? Pronto as súas tendas de campaña irannos presentando á sinistra familia que o habita, mentres que unha tormenta na noite crea o suxerente ambiente tenebroso propio de calquera clásico do xénero de terror. Unha parella de recén casados aparece perdida e remata nese misterioso escenario. Conseguirán gozar da súa noite de vodas? O único seguro é que ao día seguinte, se chegan vivos, xa non serán os mesmos.
A medio camiño entre Hitchcock e as comedias terroríficas de Tim Burton, este espectáculo pretende facer pasa un momento inesquecible a todos os públicos xogando co medo e co humor, dúas cousas certamente moi universais. Con esta obra preparada para ser instalada en calquera espazo ao aire libre (praza, xardín, rúa, explanada...) Teatro Meridional saca por primeira vez o seu escenario ao exterior.
Calendario |
|---|