Teatro Meridional é unha compañía integrada por profesionais do teatro procedentes de varios países e cunha clara vocación viaxeira. Desde o seu nacemento no 1992 realizou dezaoito espectáculos, producidos conxuntamente entre España, Italia e Portugal, e que percorreron numerosos teatros e festivais. Actualmente radicada en Madrid, continúa desenvolvendo o seu labor nun circuíto internacional, buscando dentro das formas teatrais mediterráneas unha esencia cultural común compartida por todos os seus integrantes.