Conversatorio

Conversatorio: medidas variáveis é un work in progress de Quico Cadaval que se exhibiu por primeira vez en xuño do 2008. É un acto teatral do xénero da performance, unha experiencia de teatro biolóxico in vitro.

Co apoio da vendedora de tempo Marga Alborés, Cadaval sométese a conversar con alguén que pague a modesta tarifa. O tempo de conversa é repartido entre Cadaval e o cliente, utilizando un rigoroso reloxo de xadrez. A conversa, que se leva a cabo dentro dun escaparate ou similar, pode ser vista pero non oída polo público causal que pase polo lugar dos feitos. Cadaval garante o segredo do falado, aínda que o cliente é libre de difundilo.

A performance Conversatorio evidencia a carestía do tempo e o carácter irremediablemente xerárquico de calquera conversa, e permite identificar as diferencias entre coloquio, interrogatorio, confesión, inquérito, sermón, comicio, revelación e outras formas de falar entre dous.

Media

Calendario

30 out 09 ás 20:00
'Conversatorio', de Quico Cadaval. Carballo.
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por