Dramaturgo, actor, director e ata profesor da Operación Triunfo portuguesa, Quico Cadaval leva xa quince anos disfrutando da súa vida paralela de contador de historias. Tentou convertir as tabernas en teatros e os teatros en tabernas, e a súa habilidade para o conto e a conversa puido disfrutarse en festivais específicos como os internacionais de Bucaramanga, a Maraton de Guadalajara, os Contos em Liberdade de Faro, Metropolis de Barcelona, as Palavras Andarilhas de Beja, e tamén interesou aos programadores de festivais de teatro como o Iberoamericano de Bogotá, o de Almada, el Mindelact de Socente e o Titirimundi de Segovia.