Humanos

Humanos conta a historia de dous robots de apariencia humana (replicantes) que viven envoltos nunha felicidade... aparente. Recrean constantemente condutas humanas, pero fano de xeito bastante artificial. Probablemente pretendan actuar así indefinidamente, pero todo cambia cando un deles empeza a fallar. 

Humanos é unha historia que nos conta que nada é para sempre, pero que, aínda así, merece a pena vivir a vida. Os humanos temos límites e, sen embargo, eses mesmos límites empúrrannos a desenvolver as nosas ilimitadas posibilidades.

Dramaturxia e dirección: Jokin Oregi.
Actrices: Ana i Punto, Ana Meabe.
Deseño artístico: Eider Eibar.
Música: Santiago Ramos.
Vestiario: Mayda Zabala.
Iluminación e soporte técnico: Tarima. 

Media

Calendario

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por