Multicultural, radical e moderna, a adaptación que João Garcia Miguel fai do King Lear de Shakespeare é unha versión bilingüe para un actor australiano e outro portugués. O traballo, gañador do prestixioso premio FAD Sebastià Gasch 2008, busca o substancial do texto clásico: a historia dun pai e as súas tres fillas, dun rei que se sente vello e pide ás descendentes que lle digan cal delas o ama máis, e a cambio da confesión promete un terzo do seu reino.
Calendario | |
|---|---|
| 26 out 09 ás 00:00 |
'Burgher king Lear', de João Garcia Miguel. Teatro Principal, Ourense.
|