João Garcia Miguel é escenógrafo, intérprete, dramaturgo e artista plástico, e unha das apostas máis firmes no panorama teatral portugués. Formou parte dos grupos Canibalismo Cósmico e OLHO. Entre os seus últimos traballos destacan adaptacións moi persoais de obras de Virginia Woolf, Strindberg, Ibsen, Pasolini e Pessoa.