O florido pénsil

 

Esta é unha viaxe polas vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Cun elenco de primeira orde formado por Xosé Manuel Oliveira Pico, Antonio Durán Morris, Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra, o espectáculo fálanos da escola, centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista, e, máis tarde, do resto das tribunas desde onde o réxime mandaba os seus sinais de apoio: o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada aquí polo aparentemente inofensivo Tebeo. 

O espectáculo estréase en Santiago de Compostela en setembro do 2011.

Elenco: Xosé Manuel Oliveira Pico, Antonio Durán Morris, Federico Pérez, Josito Porto,  Alfonso Agra.
Produción: Eme2.
Deseño de produción e produción executiva: Xocas López.
Axudante de dirección: Julio Perugorria.
Gravacións sonoras: Anxo Graña.
Texto: Andrés Sopeña.
Adaptación teatral: Tanttaka Teatroa.
Tradución: Sandra Romaris.
Iluminación: Xabier Lozano.
Vestiario: Pepi Soroiz.
Escenografía: Fernando Bernués.

 

Media

Calendario

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por