Meu Ben

Tres xeracións de mulleres


Amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario.

Amber vive sen preocupacións, acabada de saír do instituto, está no mellor da vida, mocea cun tal Paul e anda de festa rachada…. ata que sofre unha molesta “indixestión”. A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un “médico da cabeza”que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de se apuntar a clases de salsa! A avoa Kay, pola súa banda, tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo. Tres xeracións de mulleres de clase media contan a historia dun ano extraordinario.

Estreada en 2008 pola compañía Guna Nua rapidamente se converteu nun éxito. En 2009 foi galardoada co prestixioso premio Carol Tambor do Festival de Edimburgo sendo a primeira produción irlandesa en levar esta distinción. Desde aquela leva cativando ao público arredor do mundo con producións nas Illas Británicas, en Australia e en Nova York. Agora chega ao estado español da man de Eme2.

A autora di:
Cando comezas a escribir, a xente sempre che di: “Escribe sobre o que sabes”. Traballando como actriz nos últimos dous anos, sempre tiven a vontade de escribir algo sobre min mesma. As historias decentes non son moitas, e por iso apenas me sinto identificada coas mulleres que representan nos escenarios.

“Eu traballo a tempo parcial nunha organización de saúde para a mulleres. Meu Ben creceu a partir de aí, é unha mestura de todas as mulleres que coñecín nos últimos anos: traballadoras, non particularmente ricas nin pobres, ignoradas durante o Tigre Celta, para as que a recesión non suporá un gran cambio, xa sabes, as mulleres coma nós, seguimos tirando para diante.”

Elaine Murphy

Equipo

Amber: Rocío González
Kay: Elina Luaces
Lorraine: Mercedes Castro
Dirección: Álvaro Lavín
Autora: Elaine Murphy
Tradución: Avelino González e Olga F. Nogueira
Asesoramento lingüístico: Sandra Romaris e Xocas López
Espazo sonoro: Anxo Graña
Iluminación: Afonso Castro
Videocreación: Roi Fernández
Vestiario: Mari Seoane
Fotografía: Janite
Deseño gráfico: unQuilo
Comunicación: Sonia Díaz Nócomún
Deseño de produción: Xocas López
Produción executiva: Anxo Graña
Coordinación técnica e loxística: Anxo Graña
Distribución: Julio Perugorria

Fóra de cartel

Datas

24/01/14 Pazo da Cultura de Narón
25/01/14 Pazo da Cultura de Narón
07/02/14 Teatro Rosalía de Castro na A Coruña
08/02/14 Teatro Rosalía de Castro na A Coruña
03/04/14 Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo
30/05/14 Teatro Principal de Ourense
31/05/14 Teatro Principal de Ourense
04/06/14 Salón Teatro Santiago de Compostela
05/06/14 Salón Teatro Santiago de Compostela
06/06/14 Salón Teatro Santiago de Compostela
07/06/14 Salón Teatro Santiago de Compostela
08/06/14 Salón Teatro Santiago de Compostela
04/10/14 Auditorio García Márquez de Mera
17/10/14 Teatro Mucipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
24/10/14 Cine Alovi de As Pontes
30/10/14 Teatro Principal de Pontevedra
14/11/14 Teatro Municipal Área Panorámica de tui
15/11/14 Teatro Pastor Díaz de Viveiro
17/11/14 Multiusos da Xunqueira de Redeondela
20/11/14 Auditorio Municipal de Vigo

Media

#MeuBen
#ElaineMurphy
#Mulleres

Outras producións
  • (Esp) LA PANADERA

    (Esp) La Panadera cuenta la historia de Concha, una mujer de cuarenta años, encargada de una panadería, casada, con dos hijos. Una mujer con una vida tranquila y feliz que un día se despierta con la noticia de que por las redes sociales co…

  • (Esp) AL CALOR DEL CANCIONERO (Esp) Espectáculo musical para niñas y niños

    (Esp) Las versiones musicales de las canciones se han realizado respetando la sonoridad original utilizando para ello instrumentos tradicionales: cucharas, cedazo, botella, pandero, pandereta, guitarra, castañuelas, sartén, llaves,

  • (Esp) RIF (de piojos y gas mostaza)

    (Esp) Con RIF (de piojos y gas mostaza) nos hacemos, por encima de otras muchas, la siguiente pregunta: ¿qué derecho tenía España a colonizar y explotar el Rif? A partir de ahí, al volver la vista a lo quedó tras casi medio siglo de Pro…

  • MAGALLANES Y ELCANO A VIAXE

    (Esp) http://https://youtu.be/ojBMR2LtA2A    espectáculo completo.

    Sinopsis:

    Magallanes part…

  • Tarzán

    ¡La ciudad está sumida en el caos! ¡Hay un
    espanto en cada esquina! Algún visitante del
    zoológico ha abierto las jaulas de los animales
    dejando a las fieras en libertad. Leones, panteras,
    gorilas se pasean por las…

  • Cenicienta Siglo XXI

    CENICIENTA SIGLO XXI
    quiere dar respuesta a esta pregunta desde la seguridad de que los protagonistas de los grandes cambios sociales que hemos de ver están sentados en el patio de butacas. Están en el teatro y quieren reír, emociona…

+