Os animais que habitan nunha pequena vila viven atemorizados pola inquietante presencia dun conveciño díscolo, o Gato Gaiado. A el atribúen os máis horrendos crimes e a orixe de tódalas desgrazas que alí acontecen.
Coa chegada da Primavera, unha andoriña nova e ousada consegue o nunca visto: ante o estupor de toda a veciñanza, o Gato Gaiado sorrí. A partir dese momento, desenvólvese unha relación entre o Gato e a Andoriña.
Calendario |
|---|