Hai dez anos, Artello estreou A do libro, e con ela unha etapa centrada no “teatro a escala”. Froito desta liña de traballo máis artesanal chegaron os espectáculos Unha de amor, Amadís de Algures e, agora, De fábula.
Grazas a Esopo e aos fabulistas que o reinterpretaron, De fábula mergúllase no mundo das fábulas clásicas a través dos ollos da súa personaxe máis representativa: a raposa. A protagonista, Bulebule, xa ten idade para deixar a casa dos pais. O bosque agárdaa cheo de riscos, mais ela irá aprendendo a superar as dificultades. Descobrirá que, empregando a intelixencia, é quen de dobregar a brutalidade do Lobo ou egoísmo do Teixugo.
Calendario |
|---|