Artello fundouse en Vigo no ano 1978. Desde entón realizou cerca de dúas ducias de espectáculos, entre os que se topan algúns dos fitos do teatro galego contemporáneo.
En 1994, Rosa Hurtado e Santiago Montenegro inician unha nova etapa de traballo máis artesanal, engadindo ao nome da compañía o sobrenome alla scala 1:5. Además de De fábula, Artello mantén en cartel o espectáculo Unha de amor (Premio Mellor Posta en Escena en FETEN'99), co que participa habitualmente en festivais, campañas escolares e programacións para público familiar por toda España. No ano 2008, a compañía estreou a súa versión do clásico Polgariño.