Na actualidade, calquera produto cultural ten que mostrarse visible nun mercado cada vez máis cheo de ofertas. Xa non abonda con producir espectáculos: tamén hai que saber comunicalos. En Eme2 coñecemos a importancia dunha imaxe sólida e impactante, dunha relación máis directa cos medios, co público e cos teus clientes, dunha estratexia de comunicación coherente, personalizada e planificada desde o primeiro momento, para que a túa mensaxe, a túa idea, se poida abrir paso e se consolide no mercado. Desde Eme2 queremos axudar a que as túas propostas cheguen o máis lonxe posible por medio dunha difusión axeitada.