Despois do éxito da súa anterior visita en febreiro con Infinita, a compañía alemá Familie Flöz volve a Galicia. Desta vez, este grupo berlinés porán sobre as táboas o espectáculo Hotel Paradiso, baseado tamén na súa peculiar concepción do teatro de máscaras. Interpretarano no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de abril, ás 20.30 horas.
Hotel Paradiso é unha comedia que retrata como a atmosfera tranquila dunha fonda montañesa se ve bruscamente perturbada ao ser atopado sen vida un dos seus hóspedes. O director do establecemento e o seu equipo tentan disimular a situación, pero a realidade é implacable!
Eme2 Emoción&Arte estreará mañá venres 16 de abril, nas Pontes de García Rodríguez (21.00h., Cine Alovi) e en colaboración co Concello pontés, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 e administracion@emedous.com).
O Concello de As Pontes e Eme2 Emoción&Arte presentarán mañá en rolda de prensa (13.00h., Salón de plenos da Casa Consistorial, As Pontes) a estrea do espectáculo Sexo? Por que non?, que botará a andar o próximo venres, ás nove da noite, no Cine Alovi. Baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. Á rolda de prensa asistirán o alcalde pontés, Valentín González Formoso; a concelleira de Cultura, Eva Conde Murado; e a actriz Mercedes Castro.
Ademais, integrantes do equipo de produción da obra manterán hoxe martes un encontro co público no que explicarán como se está xestando o proxecto. A cita é ás 20.30h. na Casa Dopeso.
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 e administracion@emedous.com).
Máis información: 609 72 85 24
Eme2 Emoción&Arte ofrecerá mañá xoves, ás 17 horas, unha emisión en directo de parte dos ensaios que está levando a cabo o equipo de Sexo? Por que non?, o espectáculo que se estreará o próximo día 16 en As Pontes. A retransmisión poderá verse a través do canal de Eme2 en Ustream, ao que se chega desde este enlace: http://www.ustream.tv/user/emedous . Ademais, a través da nosa web e da nosa recentemente creada páxina en Facebook poderanse ir coñecendo os detalles da produción e as opinións do equipo.
Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Álvaro Lavín e Mercedes Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (981 534 134 ó 609 457 575 e administracion@emedous.com).
Isto non é un monólogo
Por Álvaro Lavín. Director de escena.
En Sexo? Por que non? aparecen máis de dezasete personaxes, a saber: Adán, Eva, un anxo, Yahvé-Deus, Carlos de Inglaterra, un señor de Boloña, un famoso cirurxián, Rosalía –unha morena impoñente-, o produtor do espectáculo, un tremoia, a irmá de Mercedes Castro –de nome Aurora-, a nai de Mercedes Castro, varias amidas da infancia de Mercedes Castro e algún dos seus fillos, e incluso a propia Mercedes Castro, que debería ser a protagonista, aínda que a pobre non pode estar aquí porque non pode separarse do seu mozo, que, por certo, tamén aparece, aínda que só por teléfono...
Un monólogo é outra cousa, é o desenvolvemento do monólogo interior –de aí o nome- dun personaxe, pero aquí é todo exterior, acción, interrelación entre personaxes distintos que discuten, quítanse a palabra, pelexan. E axúdanse a apóianse, tamén.
Realmente, para ser unipersoal Sexo? Por que non? ten máis acción que moitas das obras de teatro para varios actores que coñezo, e iso é o que me gusta deste texto. Ademais é unha acción moi dinámica, que esixe unha alta dose de enerxía por parte da intérprete, pois as accións polas que pasa son intensas e sempre sorprendentes, desde a descuberta do sexo por parte de Adán e Eva, dentro do Paraíso e coa participación dun demo moi especial, ata unha clase particular de como conseguir o orgasmo feminino, chea de humor e de ritmo, como non podía ser doutro xeito.
Por todo isto o traballo de ensaios está sendo un pracer, xa que esta obra permite –e en certo modo esixe- unha posta en escena chea de cambios, de picos de ritmo, de contrastes e de matices. Neste sentido a entrega e disposición de todo o equipo é inmellorable, e a verdade é que estamos pasando moi bos momentos sobre o escenario preguntándonos sexo? Por que non…?
Afonso Castro. Iluminador.
Chámome Afonso Castro.
Nacín en Monforte no ano 1972.
Gústame o teatro porque son un pallaso de capa e espada.
Non me lembro do primeiro espectáculo que vin, pero o título tiña que ver con detectives...
O último espectáculo co que alucinei foi Infinita, de Familie Flöz.
O meu autores de teatro favoritos son moitos; dos galegos destaco a Cándido Pazó e Rubén Ruibal.
Gustaríame parecerme a Kim Basinger, a King África e ao dono da Burger King.
Os mellores momentos durante a produción dun espectáculo son o final da estrea (é dicir, o que acontece cos compañeiros da montaxe), cando te chaman para traballar e cando cobras.
E o peor son os ensaios pola mañá e pola tarde seguidos, e cando descobres que o director non responde cando lle preguntas por que.
En definitiva, se me dedico ao teatro e non a algo máis lucrativo como a especulación inmobiliaria é porque na especulación inmobiliaria traballas pola mañá e pola tarde, e ademais ninguén responde cando lle preguntas por que.