Velaquí unha transcrición da gran crítica de Sexo? Por que non? que fan Fabio Barberini e Jorge M. de la Calle para o Praza Pública. O orixinal pode lerse aquí.
Un orgasmo de risas (ou sexa: como falar de sexo entre a comedia e a reflexión)
Oscar Wilde adoitaba dicir que “se podía falar de cousas serias ós ingleses só coa condición de divertilos”. A mesma fórmula, intimamente comprometida cun discurso ‘político’ que vai máis alá da oposición tradicional (esquemática e dogmaticamente ideolóxica) dereita-esquerda en favor dunha esquerda que se posiciona sempre ó lado dos máis vulnerables, dos “humillados e ofendidos” pola sociedade, representa – dende as súas primeiras obras – un dos aspectos máis entrañables da actividade teatral de Darío Fo. E mentres nestes mesmos días o Premio Nobel de Literatura 1997 se ocupa, xunto a Franca Rame – a súa inseparable compañeira de arte e máis de vida – dunha nova xira da súa obra máis famosa e representativa – aquel Mistero Buffo, resultado dun minucioso labor de investigación sobre as primeiras formas de teatro na Idade Media, en que Fo se serve da voz dos xograres medievais (voceiros, moitas veces, dunha cultura ninguneada e oprimida polos poderes dominantes) para criticar duramente a realidade dos nosos días –, Eme2, o Teatro Principal e aConcellería de Cultura de Santiago de Compostela propuxo, hai unha semana, unha divertida e intelixente adaptación de Sesso? Grazie, tanto per gradire (Sexo? Por que non?, na boa tradución – imposible, de feito, atopar un equivalente do título orixinal – de Sandra Romaris, Emilio Cao “Miluco” e Xocas López), un monólogo – quizais, o menos ‘político’ entre os que Dario Fo escribiu xunto coa súa esposa, aínda que falar de sexo na Italia dos noventa, e mesmo no mundo de hoxe, neses termos, con absoluta normalidade, é igualmente un acto moi político e fondamente revolucionario – que contou coa destacada actuación de Mercedes Castro – ben coñecida polo público galego, entre outras cousas, polo seu papel de Amelia na exitosa serie da TVG “Padre Casares” – e coa dirección do madrileño Álvaro Lavín.
A través dunha alegre “terapia de grupo” – en que se encaran temas como: orgasmo; virxinidade; impotencia; frixidez; primeiras experiencias sexuais; exaculación precoz – a función ofrece unha impactante desmitificación de tódolos tabús que aínda reinan na nosa cultura e que impiden unha visión máis libre da sexualidade e, sobretodo, da relación entre os sexos. Franca Rame e Dario Fo elaboraron este monólogo como adaptación teatral do libro – de grande éxito entre a mocidade italiana dos primeiros anos ’90 – Lo zen e l’arte di scopare (O Zen e a arte de follar) do seu fillo Jacopo, que colaborou cos pais na realización do guión. A obra estreouse en Nápoles (Teatro Bellini) en 1994, máis exactamente o día 1 de decembro (Día da loita mundial contra o SIDA), e naquela ocasión, Franca Rame regalou ós primeiros cen estudantes que se presentaron á billeteira do teatro a entrada para a función xunto cun condón, sinal do que constitúe o recurso máis valioso e irrenunciable do teatro desta parella de artistas italianos, ou sexa: o compromiso civil, o compromiso con espertar e difundir entre os espectadores o coñecemento e a consciencia dos máis urxentes probemas da sociedade, sexan polícos ou, como no caso desta función, relacionados coa saúde colectiva. Quizais por iso, ou quizais por unha fermosa evocación da ‘primeira vez’ de Adán e Eva no Paraiso terrestre que se enfrontan cun ben raro demo “disfrazado de fermosura” – episodio encantador que descende dunha tradición moi antiga e que xa servira como suxeito para un dos contos do Decameron de Boccaccio –, ou quizais, e máis simplemente, porque na Italia daquela – onde para un adolescente os unicos recursos en tema de educación sexual eran por unha banda os curas e por outra banda as revistas pornográficas – falar de sexo (aínda que con grande intelixencia e ironía) era tan incómodo como falar aquí de memoria histórica, o espectáculo chocou coa estupidez da censura que chegou a prohibir a función ós menores de 18 anos.
A pesar de ter case 20 anos, o texto nada perdeu do seu poder comunicativo e da actualidade dos seus temas. A adaptación que Julio Salvatierra levou a cabo para Eme2 (a compañía encabezada por Mercedes Castro e álvaro Lavín) captura e devolve inalterada a forte carga ‘pedagóxica’ e social deste monólogo, a pesar do feito de que a mesma Mercedes Castro, nunha entrevista dada despois da primeira data da xira deste espectáculo (exactamente no Teatro Principal compostelán, en maio de 2010) declarou: “Non pretendemos educar, senón que a xente se divirta, e se alguén saca conclusións alá cadaquén con elas” (entrevista a “La Voz de Galicia”, 8.5.2010). A actriz galega agasallou ó público compostelán que acudiu o domingo pasado con esta ‘velada de sexo’ unha proba de actuación das mellores, interpretando, cun sentido do ritmo e con tempos cómicos non comúns, todas as personaxes que – segundo unha característica propia do estilo dos dous actores italianos e do seu “teatro narrativo” – poboan o texto: Adán e Eva, un anxo, Yahvé-Deus, “un famoso cirurxián”, Rosalía (unha morena imponente), a irmá da protagonista (de nome Aurora), unhas cantas amigas da infancia e algúns fillos delas, e incluso a mesma Mercedes Castro. Unha das máis interesantes modificacións introducidas nesta adaptación é que ó comezo da función a voz (fóra do escenario) do productor do espectáculo (gravada por Anxo Graña) anuncia que, por unha indisposición – unha ‘inflamación vaxinal’ como aclarará a mesma actriz poucos minutos despois –, Mercedes Castro non actuará e que será substituida pola súa irmá, a mesma Mercedes, que fai a súa entrada ó escenario arroupada nun traxe lixeiramente demodé (deseñado por Curro Garabal), e, amosando unha actitude a medio camiño entre a ilusión de actuar e o receo polo asunto a desenvolver, a actriz galega parece lanzar un guiño – coa personaxe de Aurora, a sua irmá – ós que xa están acostumados a vela no papel, un pouco severo pero moi materno, de Amelia, a ama de chaves do padre Casares. Cada vez máis desinhibida ó avanzar do espectáculo – que culminará nunha divertida ‘clase de orgasmo’ – Mercedes móvese no espazo escénico, moi sobrio, deseñado por Curro Garabal e iluminado por Afonso Castro, e interactúa coas gravacións (Carlos de Inglaterra, un señor de Bolonia, a súa mesma nai) de Anxo Graña (a quen se debe tamén a escolla dos temas musicais que acompañan os momentos máis importantes da función).
O monólogo procede así ata a fin, sen caer nin unha soa vez na vulgaridade ou na banalidade, regalándonos un orgasmo de risas e ó mesmo tempo abréndonos os ollos sobre algunhas verdades que, quizais polo agobio da nosa vida moderna, ás veces pasan desapercebidas: en cada recuncho do mundo, os seres humanos seguen facéndose dano uns ós outros con guerras e violencias de topo tipo, e o progreso científico e tecnolóxico non se acompaña dunha renovación igualmente profunda no campo da ética e do espírito; o amor, en certo sentido, pode facer de antídoto para a violencia. Falar de sexo, polo tanto, é para Franca Rame (e con ela para Mercedes Castro) o mesmo que falar de amor, porque o sexo faille ben ó amor, mellora a comunicación e a harmonía entre as persoas. Entre comedia e reflexión o espectáculo fala, si, de sexo, pero é tamén un monólogo tenro sobre as relacións físicas e sentimentais. De vez en cando o ton sube, faise máis cru sobretodo cando saen temas como o aborto, unha realidade moi actual, xa se sabe, para os galegos que o domingo pasado asistiron á función (e aínda que no espectáculo o discurso se dirixa só ó Papa, é dificil non pensar no PP e a súa ‘cruzada’ contra o aborto); ou a violación, tema este especialmente importante para Franca Rame, que en marzo de 1973 – por unha represalia política – foi raptada e violada por un grupo de extrema dereita; esta dramática vivencia persoal foi levada pola actriz ó escenario nunha obra de 1981 titulada Lo stupro (A violación).
Sexo, risos, reflexión e tamén un convite a valorar a mensaxe de fundamental igualdade que transmite este texto, a non considerar o amor como un feito mecánico, a non interpretar as relacións entre os sexos como unha relación de poder entre un macho dominate e unha femia dominada.
FABIO BARBERINI / JORGE M. DE LA CALLE
Santiago de Compostela, 20 febreiro de 2012. Sexo? Por que non?, o espectáculo de Eme2 protagonizado por Mercedes Castro e dirixido por Álvaro Lavín, volve a Santiago de Compostela case despois de dous anos e tras unha xira exitosa de medio cento de funcións por Galicia e o resto de España. A adaptación ao galego deste texto de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, toda unha lección maxistral da importancia do sexo nas nosas vidas, estará no Teatro Principal compostelán o venres 24 e o sábado 25 ás 21.00h, e o domingo 26 ás 20.00h. As entradas xa están á venda en entradas.novagaliciabanco.com.
Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, o espectáculo é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. A obra pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.
Santiago de Compostela, 21 de marzo do 2011. Eme2 Emoción&Arte prosegue coa xira en castelán de Tengamos el sexo en paz, que se estreara en galego no mes de outubro en galego baixo o título Sexo? Por que non? A adaptación ao español deste texto de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, interpretada por Mercedes Castro, foi vista xa por preto de 3.000 espectadores nas súas primeiras once representacións.
No que vai de mes, Eme2 percorreu con Tengamos el sexo en paz os teatros de Euskadi e Andalucía. Proximamente hai funcións programadas en Berriz (Kultur Etxea, 26 de marzo), Santurtzi (Serantes Kultur Aretoa, 1 de abril) e Guadalajara (Teatro Moderno, 29 de abril). A cifra de espectadores nestas tres primeiras semanas de representación supera os 2.700, con teatros nos que se rebasaron amplamente as 400 entradas vendidas.
Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, o espectáculo é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. A obra pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.
Eme2 Emoción&Arte levará esta fin de semana a Foz e a As Pontes a xira do espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. As representacións levaranse a cabo na Sala Bahía focense o xoves 28 (20.30) e o venres 29 no Cine Alovi pontés (21.00).
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134).
Xa se poden descargar desde a web de Eme2 Emoción&Arte as ráfagas sonoras compostas por Anxo Graña para o espectáculo Sexo? Por que non? Os jingles atópanse dentro da carpeta que contén o kit promocional da obra; basta con ir á páxina do espectáculo e picar en 'Descarga o dosier de prensa'.
Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.
Eme2 trae a Galicia neste mes de xuño o espectáculo Maná, maná (El regreso), da prestixiosa compañía Los Ulen, da que forman parte actores de renome como Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous. A obra, comprometida, actual e ácida coma poucas, estará no Teatro Principal de Compostela os días 11 e 12, e no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 25 e o 26.
Doce anos despois de Maná, maná (Una crónica de parias), os seus protagonistas enfróntanse a outra crise económica mundial, inventada, manipulada e articulada desde as máis altas esferas do poder. Maná, maná (El regreso) é unha nova reflexión sobre a pobreza extrema e a hipocrisía. Porque, como di Mosta, un dos protagonistas, "si todo el mundo tuviera huevos, se acabaría el hambre en el mundo".
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 e administracion@emedous.com).
Eme2 Emoción&Arte porá en escena o sábado 8 e o domingo 9 de maio, no Salón Teatro de Compostela, o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. As representacións levaranse a cabo ás 20.30 horas o sábado e ás 18.00 horas o domingo, e as entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia.