'Na meta', novo espectáculo de Ónfalo Teatro

Venres, 30 Xullo de 2010

Na meta (Sálvese quen poida) é unha comedia negra sobre o éxito e o fracaso, unha revisión humorística sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Unha nai de armas tomar saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A nai viúva e a filla solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un escritor novo, que vén de triunfar no teatro, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica. Unha primeira parte na que se fan as maletas e unha segunda na que se desfán. Unhas personaxes que deixan saír os monstros que a meirande parte das persoas agochamos. O riso terrible do coñecemento.

O novo espectáculo de Ónfalo, con texto de Thomans Bernhard, combina a acción escénica coas linguaxes da danza, a instalación, a performance, o clown, a acrobacia e outros recursos que enriquecen a plasticidade e afían o significado da obra.

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por