'Maná, maná (El regreso)', de Los Ulen, este mes de xuño en xira por Galicia

Luns, 07 Xuño de 2010

Eme2 trae a Galicia neste mes de xuño o espectáculo Maná, maná (El regreso), da prestixiosa compañía Los Ulen, da que forman parte actores de renome como Pepe Quero, Maite Sandoval e Paco Tous. A obra, comprometida, actual e ácida coma poucas, estará no Teatro Principal de Compostela os días 11 e 12, e no Teatro Rosalía Castro da Coruña o 25 e o 26.

Doce anos despois de Maná, maná (Una crónica de parias), os seus protagonistas enfróntanse a outra crise económica mundial, inventada, manipulada e articulada desde as máis altas esferas do poder. Maná, maná (El regreso) é unha nova reflexión sobre a pobreza extrema e a hipocrisía. Porque, como di Mosta, un dos protagonistas, "si todo el mundo tuviera huevos, se acabaría el hambre en el mundo".

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por