Xa están á venda as entradas para as fucións de Sexo? Por que non? que Eme2 Emoción&Arte ofrecerá o sábado 8 e o domingo 9 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Os tickets poden mercarse a través da web de Caixa Galicia, e custan 6 euros para desempregados, xubilados, mozos e profesionais do xornalismo e das artes escénicas e 10 para o público xeran la función do sábado (20.30h.); e 5 euros para todo o público o domingo (18.00h.).
Baseado nos textos de Dario e Jacopo Fo e Franca Rame, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2, que empezará a xirar xusto despois da súa estrea. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (981 534 134 ó 609 457 575 e administracion@emedous.com).