Éxito de 'Sexo? Por que non?' na súa estrea en As Pontes

Xoves, 22 Abril de 2010

Un teatro cheo, un prolongado aplauso e emoción a mancheas. Así de ben resultou a estrea de Sexo? Por que non?, o espectáculo de Eme2 que botou a andar o pasado venres 16 en As Pontes. Protagonizada por Mercedes Castro e dirixida por Álvaro Lavín, a obra volverá aos escenarios os días 8 e 9 de maio,  con representacións no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134 ou administracion@emedous.com).

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por