Despois do éxito da súa anterior visita en febreiro con Infinita, a compañía alemá Familie Flöz volve a Galicia. Desta vez, este grupo berlinés porán sobre as táboas o espectáculo Hotel Paradiso, baseado tamén na súa peculiar concepción do teatro de máscaras. Interpretarano no Salón Teatro, en Santiago de Compostela, os días 23 e 24 de abril, ás 20.30 horas.
Hotel Paradiso é unha comedia que retrata como a atmosfera tranquila dunha fonda montañesa se ve bruscamente perturbada ao ser atopado sen vida un dos seus hóspedes. O director do establecemento e o seu equipo tentan disimular a situación, pero a realidade é implacable!