Éxito de 'Burgher king Lear' no Festival Internacional de Teatro de Ourense

Mércores, 28 Outubro de 2009

A representación de Burgher king Lear, de João Garcia Miguel, distribuída por Eme2 Emoción&Arte, deixou este luns moi boas sensacións no Festival Internacional de Teatro de Ourense. O evento continúa celebrándose ata o domingo.

O público ourensán puido gozar da multicultural, radical e moderna adaptación que João Garcia Miguel fai do King Lear de Shakespeare, nunha versión bilingüe para un actor australiano e outro portugués. O traballo busca o substancial do texto clásico: a historia dun pai e as súas tres fillas, dun rei que se sente vello e pide ás descendentes que lle digan cal delas o ama máis, e a cambio da confesión promete un terzo do seu reino.

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por