O espectáculo Violeta Coletas contra las salchichas: ¡GULP!, de Trompicallo, distribuído por Eme2, obtivo unha gran acollida na súa representación onte na Feira das Artes Escénicas de Galicia, que se leva a cabo estes días en Santiago de Compostela. Esta obra infantil, para a que Marian González e Luís González contan coa colaboración do artista plástico Quique Bordell, conseguiu vender 30 funcións na mesma Feira. Entretanto, Ónfalo Teatro presentou Neuras, a última incorporación de Eme2 á súa carteira de distribución, unha comedia con números musicais, de cabaré e de maxia, entre a sitcom televisiva e o music hall.