O cuarto número da revista Ao Vivo Música, editada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e elaborada por Eme2 Emoción & Arte, acaba de editarse. A publicación, coa que se pretende apoiar aos grupos integrados dentro da Rede Galega de Música ao Vivo, distribúese gratuitamente nas salas adheridas a esta programación, e conta con apartados dedicados a músicos e artistas como Cornelius, Som do Galpom, Víctor Aneiros, Os Resentidos ou Franc3s.