Teatro Meridional, aos que distribúe Eme2 Emoción&Arte, estrearán a súa última produción a finais de maio no Umore Azoka - Feria de Artistas Callejeros del Humor, en Leioa (Euskadi). O espectáculo Camping é a primeira obra de rúa que realiza esta compañía; en Leioa representarase os días 22 e 23, ás 22.00 horas.
Camping presenta un inquietante campamento abandonado no medio da cidade. Abandonado? Pronto as súas tendas de campaña irannos presentando á sinistra familia que o habita, no medio dunha tormenta. Unha parella de recén casados aparece perdida en tan estraño escenario. Conseguirán gozar da súa noite de vodas?