Títeres Trompicallo, aos que distribúe Eme2 Emoción&Arte, estrearán o próximo 16 de xullo nas Pontes o seu novo espectáculo, Violeta Coletas contra as salchichas ¡Gulp! O equipo habitual habitual da compañía, formado por Marián González e Luís González, conta nesta ocasión coa colaboración do artista plástico Quique Bordell.
O espectáculo vai destinado ao público infantil, e trata dunha nena que quere medrar porque non lle gusta que lle digan o que quere facer... aínda que un suceso extraordinario vai facer que cambie de opinión.