Mercedes Castro opta á Ninfa de Ouro no Festival de Televisión de Montecarlo

Mércores, 22 Abril de 2009

Mercedes Castro, actriz e xerente de Eme2 Emoción&Arte, opta ao galardon á mellor actriz internacional de televisión nos premios Ninfa de Ouro, no Festival de Televisión de Montecarlo, polo seu papel de Amelia, ama de chaves da serie Padre Casares. Esta produción de Voz Audiovisual para a TVG compite tamén por outros tres premios con produtos como Perdidos, Boston Legal ou Mad Men.

Padre Casares
aspira a cuatro Ninfas de Oro, un dos recoñecementos máis antigos e prestixiosos da televisión europea. Ademais da candidatura de Mercedes Castro, están nominados María Vázquez (Iria), tamén como mellor actriz; Pedro Alonso (que na serie representa a Horacio Casares) e Antonio Durán Morris (o alcalde) ao premio ao mellor actor; e Carlos Carballo, Carlos Portela e Alfonso Blanco, aos premios á mellor produción europea e internacional.

Á final deste Festival de Televisión de Montecarlo acoden 51 producións de 22 países. Outras dúas series españolas, Cuéntame cómo pasó (TVE) e El internado (Antena 3), están entre as escollidas. O evento celebrarase do 7 ao 11 de xuño en Mónaco. Para entón desexámoslle moita sorte a Mercedes e a todos os seus compañeiros en Padre Casares.

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por