Trompicallo ultima a produción de 'Violeta Coletas'

Mércores, 15 Abril de 2009

Títeres Trompicallo, aos que distribúe Eme2 Emoción&Arte, prepara a inminente estrea do seu novo proxecto, Violeta Coletas. A obra está en pleno desenvolvemento polo equipo habitual da compañía, formado por Marián González e Luís González, que nesta ocasión contan coa colaboración do artista plástico Quique Bordell.

O espectáculo vai destinado ao público infantil, e trata dunha nena que quere medrar porque non lle gusta que lle digan o que quere facer... aínda que un suceso extraordinario vai facer que cambie de opinión. A estrea está prevista para o próximo mes de xuño.

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por