O traballo da compañía Teatro del Temple, coa que colabora Eme2 Emoción&Arte en tarefas de comunicación, apareceu esta semana reflictido en dous artigos en El País e El Periódico de Aragón.
No caso do texto de El País, que se pode consultar picando aquí, trátase dun recoñecemento á súa participación na XII Noche de Max Estrella, a clásica homenaxe a Valle-Inclán na que colaboraron representando nas rúas de Madrid pedazos do seu espectáculo Luces de Bohemia. No que toca ao artigo de El Periódico de Aragón, dispoñible a través deste enlace, o entrevistado é o actor Pedro Rebollo, do elenco de Luces de Bohemia e da futura El Público.