'Obra' obtén os María Casares ao mellor actor e á mellor música

Xoves, 26 Marzo de 2009

O espectáculo Obra (No comment) de Producións Teatrais Excéntricas, que distribúe Eme2 Emoción&Arte, recolleu onte á noite dous premios María Casares, que entrega a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ao mellor da temporada. Vítor Mosqueira foi galardoado como mellor actor, mentres que Suso Alonso recolleu  a xerra conmemorativa como autor da mellor música orixinal. Desde aquí queremos felicitar a todos os galardoados, en especial a Teatro do Atlántico, que viu como Unha primavera para Aldara lle reportaba sete María Casares. Parabéns!

[1] Comentarios

edu
Martes, 31 Marzo de 2009
Noraboa a emedous e a Producións Teatrais Excéntricas

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por