Eme2 representa en Foz e en As Pontes 'Sexo? Por que non?', con Mercedes Castro

Mércores, 27 Outubro de 2010

Eme2 Emoción&Arte levará esta fin de semana a Foz e a As Pontes a xira do espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Con Mercedes Castro sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. As representacións levaranse a cabo na Sala Bahía focense o xoves 28 (20.30) e o venres 29 no Cine Alovi pontés (21.00).

O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2. A contratación, xa aberta, pode facerse a través de Julio Perugorría (609 457 575 / 981 534 134).

Tags:

[0] Comentarios

Comentar

* Para notificacións, nunca será visible
 
Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por