Asesoramento

En Eme2 entendemos que, no contexto multicultural global, a xestión cultural é unha ferramenta básica para o desenvolvemento local a través dos valores propios e da especificidade de cada cultura. É un elemento clave para tecer pontes e diálogos interculturais, e tamén para poñer voz ás culturas minoritarias no contexto global.

 

Cremos na  xestión cultural como un labor social mediante o cal podemos transformar, incentivar, crear, educar, desenvolver, entreter e emocionar.

 

Ofrecémosche un servizo de asesoramento integral para levar a cabo os teus proxectos culturais. Desde unha rigorosa análise do teu contexto e das túas necesidades, traballamos contigo para levar adiante as túas ideas. En Eme2 adecuamos a proposta ás túas especificidades, planificando todo o proceso desde unha filosofía transdisciplinar: análise, innovación, planificación e pensamento estratéxico aplicados ao sector cultural.

Eme2,emoción&arte | 0034 981 534 134 | emedous@emedous.com | RSS | Desenvolvemento web por